Calendario

Enero 2012
LunMarMierJueVierSabDom
 << < > >>
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Anuncio

¿Quién está en línea?

Miembro: 0
Visitante: 1

rss Sindicación

18 Sep 2008 
A empresa galega Igalia, especializada en achegar servizos e solucións baseados en código aberto, segue adiante co seu compromiso a prol da formación en software libre e, en última instancia, o reforzamento do eido empresarial galego vinculado a este tipo de programación. É aí nesa liña de traballo onde se insire o Máster de Software Libre no que a empresa participa xunto coa Universidade Rey Juan Carlos e que chega arestora á súa segunda convocatoria. O programa formativo, que conta con Caixanova en labores de promoción e organización, vai orientado a acadar os seguintes obxectivos: capacitar aos alumnos para dirixir, avaliar e participar en proxectos de software libre do eido internacional e, amais, liderar iniciativas de liberación, desenvolvemento e publicación de programas abertos.

Admin · 607 vistas · 78 comentarios
12 Sep 2008 
A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, durante a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para desenvolver un proxecto que facilitará o acceso dos cidadáns á información de vivenda.
A Consellería de Vivenda e Solo desenvolver coa Universidade da Coruña un programa informático para facilitar o acceso dos cidadáns a todas as liñas de axuda en materia de vivenda, incluíndo compravenda, aluguer e rehabilitación, así como ás actuacións de solo produtivo para optimizar a relación informativa coas empresas.
O programa informático permitirá coñecer en tempo real as vivendas dispoñibles en compravenda e aluguer, a súa ubicación xeográfica (e información visual do barrio no que se localizan e os seus servizos) e características da vivenda (incluíndo o prezo de venda ou aluguer) facilitando así a consulta por parte do cidadán.

Admin · 766 vistas · 5 comentarios
08 Sep 2008 
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizou unha visita ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia


Admin · 918 vistas · 15 comentarios
05 Sep 2008 
Fernando Blanco, falando por videoconferencia no novo Centro da RDSI de SadaFernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, inaugurou hoxe o Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Sada, que estará equipado con todos os elementos precisos para dar acceso á Internet sen fíos a todos os veciños da vila e contará con ordenadores con software libre en galego, así como equipamento para permitir a realización de videoconferencias, impresoras, proxector de vídeo e cámara fotográfica dixital.
Aparte das dotacións físicas, a nova aula de Sada conta con dúas persoas para exercer as labores de dinamización, desenvolvendo políticas de inclusión na sociedade da información e de desenvolvemento rural. De feito, dende xaneiro de 2007 a Rede de Dinamización vén levando a cabo no Concello de Sada unha serie de actividades coma obradoiros, charlas e cursos de formación que achegan aos máis desfavorecidos ás TIC, e que parecen ter unha importante demanda na vila, pois xa chegaron aos 255 usuarios rexistrados (entre os que predominan as mulleres).

Admin · 659 vistas · 77 comentarios
28 Agos 2008 
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, mailo presidente da Federación de Asociación de Enfermos de Galicia (FAEGA), Jesús Pascual, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal se porá en marcha o proxecto piloto Contigo na Rede, unha iniciativa que ten por obxecto a mellora da calidade de vida dos enfermos con insuficiencia renal crónica de Galicia mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
O departamento de Fernando Blanco achegará 56.576 euros para o financiamento íntegro das actuacións do proxecto, que contará coa participación de 30 doentes en hemodiálise, diálise peritoneal e transplantados de diversas idades, niveis de dependencia e zonas xeográficas de Galiza (especialmente de zonas rurais).

Admin · 559 vistas · 6 comentarios

1, 2, 3, 4  Página siguiente